© FOROESGAL, Foro pola Economía Social Galega

https://www.facebook.com/pg/foroesgal/posts/?ref=page_internalhttps://bsky.app/profile/foroesgal.bsky.socialhttps://www.linkedin.com/company/foroesgal/https://www.youtube.com/channel/UC9G77OVrdPImYIpOSM8eosQhttps://www.instagram.com/foroesgal/
Foroesgal
Mesa redonda:
Seleccción fotos históricas

"Economía social no corazón da nosa historia", a exposición que pon o broche de ouro á capitalidade de Santiago

Culminar o ano no que Galicia se converteu no centro da economía social española, coa capitalidade que ostentou durante este 2022 Santiago de Compostela, requiría dun evento especial. A homenaxe aos pioneiros deste modelo económico na nosa comunidade, para sentirse herdeiros dun modo de entender a economía a escala humana, a través dunha exposición inédita e un libro en galego, que será traducido a varios idiomas, foi a plataforma elixida polo Foro pola Economía Social Galega (ForoESGal) para este broche de ouro. E, como non podía ser doutra forma, o escenario da inauguración da exposición “Economía Social no corazón dá nosa historia” tiña que ser un que representase como ningún á sociedade galega: o Parlamento, a cámara que representa a todos e cada un dos galegos. Non en balde, eles son os destinatarios desta acción final.

Así o destacou o presidente do Foro, Celso Gándara, no seu discurso de benvida á mostra formada por diferentes paneis que debullan a historia deste modelo de facer empresa e país. Os pósitos, as asociacións gremiais, as cooperativas… Fórmulas diferentes que nacen dunha soa motivación: a economía social, existise xa o termo ou non. Un total de 10 tótem que abarcan desde a orixe ás solucións atopadas ao longo do tempo para construír unha sociedade diferente, pasando polo “bule bule” de iniciativas ou as diferentes formas de emprender cunha mesma filosofía colectiva na que os beneficios económicos son tan buscados como os sociais. Tras pasear polas raíces, a exposición chega ao nacemento en marzo de 2018 do Foro pola Economía Social Galega e acaba cos números da economía social en Galicia. Moito máis que unhas simples cifras, tal e como quedou demostrado este ano coa presentación, tamén en Santiago, do primeiro estudo sobre o impacto socioeconómico dos principios e valores da economía social galega.

Neste traballo de investigación, que se deu a coñecer en maio, quedou de manifesto que a economía social contribúe a un crecemento inclusivo e á redución das desigualdades, presentando máis estabilidade de emprego e niveis salariais superiores. O informe tamén demostrou que a economía social ten un peso significativo no tecido empresarial de Galicia, xa que 5 de cada 100 empresas ou entidades do sector privado pertencen a ela.

Todo isto, e moito máis, queda recollido na exposición inaugurada esta mañá polo presidente de ForoESGal, Celso Gándara; a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices.  Unha mostra que naceu con vocación divulgativa e que percorrerá diferentes cidades de Galicia para achegar a economía social á sociedade galega.

Máis de 4.700 organizacións que empregan a 24.900 traballadores en Galicia

O Foro pola Economía Social Galega naceu en 2018 impulsado polas organizacións máis representativas das diferentes familias da economía social galega: a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA), a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL), a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA), a Asociación Empresarial Galega de Centros  Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro ( CEGASAL) e  Espazocoop,  Unión de Cooperativas  Galegas. Hoxe, o Foro representa a 4.788 entidades, cun volume de emprego estimado de 24.904 persoas e máis de 74.120 persoas socias, comuneiras ou mutualistas.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar